lunes, 21 de agosto de 2017

A Horta do Obradoiro, cociña elaborada

Xa se está a converter nun clásico na zona vella, cunha preciosa terraza onde tomar algo, e unha sala ben decorada e moi cómoda para gozar dunha comida elaborada mais centrada no producto.
Entrantes como o boliño de pan de castañas recheo, croquetas, empanada de millo ou ensalada de tomatiños a precios contidos. Tamén a posibilidade de tomar algún bivalvo, como as navallas con yuzu ou as ameixas. 
Boliño de pan de castañas recheo.
Aperitivo de froitas aliñadas.


De segundo pratos abundantes, cunha interesante oferta de peixes do día, en elaboracións cuidadas, ou carnes como o codillo ou o rabo de vaca ben preparadas.

Nos postres o leite frito ou a escuma de mazá, ben resoltos.
So lle poño a pega de non acompañar o café cun pequeno doce.
En resumo, boa cociña e boa atención en sala, a precios non moi elevados.

No hay comentarios: