sábado, 13 de septiembre de 2014

Casa de turismo rural nas Médulas

Grazas a Chelo pola colaboración, con este xa temos localizado un bo sitio para xantar cando voltemos visitar as Médulas. Realmente paga a pena unha camiñata por alí, espectacular os montes que tiveron ouro hai 2000 anos, e impresionante a enxeñería dos romanos para extraelo.
Casa rural O Palleiro en Orellán As Médulas. Revolto de cecina con pementos, ensslada con leituga etc. e allos porros con salsa de mostaza, migas de bacalhau, corzo á romana, carrilleras guisadas, agua gde., viño Mencía Bierzo, tres cafés: 47€. Non nosxdeu factura. Todo rico e abundante nun entorno precioso. Comemos os primeiros antes das fotos.


No hay comentarios: