jueves, 8 de diciembre de 2011

Restaurante Allo e Aceite, Pontevedra

Na rúa nova de arriba nº7, xunto á alameda de Pontevedra, atopamos o restaurante Allo e Aceite onde podemos degustar pratos sinxelos con elaboracións coidadosas.

Dispón dunha pequena barra de entrada, conde tomar un viño mentres agardamos polo resto dos comensais, e unha sala divida en dúas zonas, con amplos espazos entre as mesas, o que é de agradecer cando se vai comer con nenos. A nosa visita foi un domingo, e ademais da nosa mesa de 6 comensais, só había dúas mesas máis ocupadas, o que nos pareceu moi pouco para un restaurante de relación calidade-prezo bastante boa.
De entrante un tartar de atún, con migas. 

De primeiro tomamos croquetas variadas: bacalhau, chocos na súa tinta e mexilón, deliciosas e ben presentadas. Tamén timbal de lascas de bacalhau con cebola confitada e ensalada de lagostinos con maionesa de soia. O timbal de bacalhau ben pero sen paixón, faltaríalle algo ao prato para chamar a atención sobre moitos outros sitios onde degustamos algo similar, mais a salsa de soia dos lagostinos estaba moi boa, e a tempura dos mesmos deliciosa e nada graxa.
En canto aos segundos, os nenos tomaron arroz de ameixas con zamburiñas, que estaba boísimo e no seu punto, e os maiores probamos o cordero sen osos con pasta fresca e boletus, o bacalhau con verduras á brasa, as chuletas de ciervo con cabaza e os lomos de xurel. Os pratos de moi boa presentación, vese ben que o cociñeiro sabe que primeiro se come polos ollos, e chegan a moi boa temperatura á mesa, aínda que para estaren sós cando chegamos ao restaurante debo sinalar que tivemos que agardar bastante tempo entre os primeiros e os segundos.
Eu tomei o cordero que estaba moi bon e cun acompañamento moi apropiado, mais non debemos agardar o mesmo que un lechazo asado en forno de  leña. As chuletas de ciervo moi ben cun puré de cabaza axeitado. O lomo de bacalhau impresionante en canto á calidade e a preparación. Os lomos de xurel non cheguei a probalos, mais que os tomou dixo que estaban moi bos de textura e no seu punto de cocción para que quedasen moi suaves e xugosos.


En canto aos postres debemos dicir que a prezos contidos para o que se leva estes días. Ben a espuma de limón con granizado de mango, sobre todo despois dunha comida copiosa. Un clásico o souflé de chocolate (coulant) e ben a torrixa, feita con biscoito en vez de pan.

Un detalle o pan da casa, elaborado por eles que sube un punto a calidade do local e da cociña.
En canto ao viño, tomamos Camins de Priorat, bien de temperatura y servicio.Pagamos algo menos de 40€ por persona, lo cual no es demasiado para el menú que tomamos en estos días.
En definitiva, vale la pena probar Allo e aceite y disfrutar de una comida bien elaborada.

No hay comentarios: